O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Mesa Redonda: "Rompendo o teito de cristal"

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal da Ramallosa

Prazas dispoñibles
50
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Con motivo da celebración do vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello organiza unha mesa redonda baixo o título "Rompendo o teito de cristal", onde varias mulleres relevantes do municipio darán a coñecer a súa traxectoria profesional. Cada vez máis mulleres son destacadas en postos relevantes tratando de romper ese teito de cristal imposto, pero aínda non sempre en igualdade de condicións, polo que mentras iso non se acade, seguirá sendo necesaria esta manifestación polo 8M.

Neste senso, participarán Rosa Gómez Limia, a primeira muller que foi nomeada xuíza de Paz do Concello de Teo. Tamén participarán Elena Pérez Pérez, aviadora e piloto comercial; e Ángeles Gómez Rial, empresaria e médica. Así mesmo, a mesa redonda tamén inluirá a participación de Lucía Calvo de la Uz, primeira alcaldesa do Concello de Teo. 

Experiencias que rompen mitos, que poñen en valor o traballo da figura feminina en diversos ámbitos e que invitan á reflexión. Experiencias que demostran que a igualdade pode ser real e que non hai barreiras que unha muller non poida romper.

Invitámosvos a todos e a todas a asistir a este evento e defender, de maneira conxunta, unha igualdade efectiva. Camiñar cara a igualdade é un camiño de todas e de todos, e onde unha muller avanza, ningún home retrocede. Cando unha muller avanza, todas damos un paso ao fronte.

E non baixaremos a garda, pois sabemos que defender a igualdade é defender a democracia, a liberdade e a xustiza social. Cada paso que avanzamos mellora a vida de todas e de todos.

Inscribirse
cartel

Outros eventos por vir