O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

MITOLOXÍA E NATUREZA EN AGROMAIOR

Data e hora

Localización
Aparcadoiro Municipal Pontevea

Prazas dispoñibles
26
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Xincana familiar · Experiencia sostible en familia

Que seres misteriosos se agochan nos bosques galegos? Quen habita entre as árbores cando ninguén mira? Seredes quen de superar os retos e descubrir os segredos de Agromaior?

Nesta xincana familiar, a Devesa de Agromaior converterase no escenario dunha aventura na que natureza e mitoloxía galega camiñan da man.

A través de xogos, probas e retos compartidos, grandes e pequenos achegaranse a algúns dos seres mitolóxicos que forman parte do noso imaxinario e da nosa identidade cultural. Unha experiencia lúdica e participativa para explorar a contorna, poñer a proba o enxeño e descubrir que os bosques gardan moitas máis historias das que podemos ver a simple vista.

As familias serán as protagonistas da aventura e contarán con materiais de apoio que farán a experiencia aínda máis inmersiva e memorable.

Unha mañá para xogar, explorar, aprender e deixar voar a imaxinación en familia.

Observacións
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo e axeitado para camiñar, auga para manterse ben hidratados, un pequeno petisco e protección solar.
E, sobre todo, moitas ganas de descubrir, compartir e pasalo ben en familia!
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
Devesa Agromaior

Outros eventos por vir