O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este venres no Auditorio Constante Liste estréase a MOSTRA: IDENTIDADE DE XÉNERO.
Este proxecto foi impulsado pola EFFEA (Fondo de Festivais Europeos para Artistas Emerxentes) e no que participan o Festival Galicreques e a compañía teense Nauta Teatro.
Consistiu en seis sesións de investigación teatral de teatro comunitario sobre a identidade de xénero con xente local non profesional das artes escénicas que colaboraron para a visibilidade do colectivo LGBTIQ+.
A investigación centrouse na identidade de xénero dende a expresión teatral, en concreto a máscara teatral dende diferentes perspectivas: a máscara expresiva, a media máscara ou a máscara corporal.
Non vos perdades esta proposta novidosa e interesante.
Data: Venres 19 de xaneiro
Lugar: Auditorio Constante Liste
Hora: 20:00 horas.
Acceso libre ata completar aforo.