O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Na escola ecoloxista coñecemos Perennia

Data e hora

Localización
Perennia. Lugar Cachóns, 7, 15883, Teo, A Coruña
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
4

Nova sesión da Escola Ecoloxista de Teo! Danos moita ledicia comunicar que nesta sesión iremos a coñecer unha iniciativa moi na liña do que viñemos traballando durante estes meses e que se ubica no noso entorno máis local!

Escoitastes algunha vez falar dos bosques comestibles? Este nome designa aquel “lugar onde ter a túa propia despensa viva da cal recolectar follas, pétalos, froitas… Para os teus pratos e bebidas favoritas.” O mellor destas despensas vivas é que non só se poden atopar especies autóctonas, senón tamén outras prantas introducidas que se adaptan ben ao noso entorno e favorecen ás demais prantas a seguir crecendo e retroalimentándose!

Gustaríache saber máis sobre este modelo de vida que contribúe a coidar mellor a nosa saúde, a saúde do noso planeta, e deixar un entorno máis coidado ás xeracións vindeiras? Entón xa tes plan para este sábado día 18.

A iniciativa recibe o nome de Perennia e ubícase en Lugar Cachóns, Teo. Se te aproximas en coche propio, propoñemos aparcar fóra da aldea e vir andando ata o lugar, para non xerar aglomeración. Se o prefires, ou tes dificultades para poder chegar ata alí polos teus propios medios, podes indicarnos no apartado de observacións que precisas servizo de transporte. Lembra poñernos tamén onde te temos que recoller. 

Esta actividade farase o sábado 18 de marzo dende as 17:00h ata as 18:30h. O lugar de encontro será Lugar Cachóns. Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

 

menta

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES