O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
Bailar nas nubes é un conto narrado por Sole Felloza
Sábado, 11 de maio, ás 11.00 h na Biblioteca dos Tilos
Mara é unha nena que soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está preto da terra e moi lonxe do ceo!
Só a axuda da nova veciñanza fará que o seu soño sexa unha realidade.
Veciños e veciñas diferentes, viaxeiros e viaxeiras de terras distantes, co corazón ferido, namorado, ou pechado baixo sete chaves, abrirán as mans e as nubes, ao final bailarán con todas as persoas.
Dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos, recomendado a partir de 3 anos.
Prazas limitadas a 50 persoas, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 30 de abril en https://teo.gal/actividades