O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Nova sesión da escola ecoloxista

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
10
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Nova sesión da Escola Ecoloxista de Teo. Despois de que a rapazada conseguira converterse en superheroes e superheroínas do desenvolvemento sostible, chega unha nova tarefa moi importante nesta misión de conseguir o desenvolvemento sostible para Teo! Nesta ocasión, terán que botar man de todas as ferramentas, habilidades, sensibilidade e bo facer que xa posúen, para organizar unha actividade que non deixará indiferente a ninguén e que de seguro nos aproximará máis ao noso obxectivo. Que construirá esta vez a rapazada da Escola Ecoloxista?

Esta actividade farase o sábado 18 de febreiro dende as 17:00h e ata as 18:30h. O lugar de encontró será a Casa Común de Rarís.

Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Inscribirse
escola ecoloxista

Outros eventos por vir