O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Nova sesión da escola ecoloxista o sábado 15

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
17
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Chega unha nova sesión da Escola Ecoloxista de Teo! No marco da sostibilidade e dos coidados, a rapazada da Escola xa ten unha boa traxectoria andada e ten claro como quere actuar no presente para que o futuro sexa máis respectuoso ca natureza e coas persoas. Tralo coñecemento na xuntanza pasada doutra iniciativa que alberga no seu interior os principios desta ética dos coidados que levamos traballando durante o curso, a rapazada volve á acción e continúa na organización dunha actividade que, de seguro, nos fará repensar as nosas accións e nosa vida cotiá, para desaprender e reaprender novas formas máis sostibles de vivir! Desvelaremos pouco a pouco o que vai acontecendo!

Esta actividade farase o sábado 15 de abril dende as 17:00h e ata as 18:30h.

Houbo un cambio na ubicación prevista para realizar a actividade e farase na Casa Común de Oza. 

Está dirixido a rapazada de entre 10 e 18 anos e para participar tes que anotarte no formulario en liña neste mesmo espazo.

Inscribirse
cuidado

Outros eventos por vir