O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O vindeiro sábado 20 de xuño ás 10:00 horas, a Fraga de Sestelo converterase nun escenario perfecto para achegarnos á tradición das Herbas de San Xoán. A través dun paseo guiado pola natureza, descubriremos as plantas que forman parte deste antigo ritual galego, coñeceremos as súas propiedades e aprenderemos a identificalas no seu hábitat natural.
Acompañados pola naturópata e fitoterapeuta Sonia Lamas, realizaremos unha recolleita respectuosa e consciente, descubrindo o valor etnobotánico de especies como o hipérico, o fiúncho, a xesta, o romeu, a malva, o fento macho ou o sabugueiro.
Aínda que o paseo non coincide coa noite de San Xoán, será unha magnífica ocasión para preparar con antelación a celebración, coñecer o significado desta tradición ancestral e aprender como elaborar a popular auga de San Xoán, que cada participante poderá completar na súa casa na noite do 23 ao 24 de xuño seguindo os costumes tradicionais.
Un encontro para conectar coa natureza, recuperar os saberes populares e vivir unha experiencia única nun dos espazos naturais máis fermosos do noso concello.
Guía: Sonia Lamas, naturópata e fitoterapeuta
Un paseo entre tradición, natureza e maxia para dar a benvida ao verán e preparar a chegada da noite máis especial do ano.