O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Monte Piquiño: camiños, memoria e paisaxe

Data e hora

Localización
Carballeira de Luou
Como chegar

Prazas dispoñibles
38
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Unha andaina interpretativa para descubrir como as comunidades foron construíndo e transformando esta paisaxe ao longo do tempo: os camiños antigos, os usos tradicionais do monte, a relación entre as aldeas e o territorio e as pegadas dunha ocupación milenaria.

  • Duración: 3 horas aprox.
  • Distancia orientativa: arredor de 5 km.
  • Dificultade: media-baixa.
  • Guía: Antón Bouzas.
  • Público: público xeral.
Observacións
- Levar roupa cómoda e axeitada ás condicións meteorolóxicas.
- Empregar calzado apropiado para camiñar polo monte, preferiblemente con boa suxeición e sola antiesvarante.
- Levar auga suficiente para manterse hidratado e un pequeno petisco.
- Recoméndase protección solar e gorra ou chuvasqueiro, segundo a previsión do tempo.
- A actividade estará suxeita ás condicións meteorolóxicas e poderá modificarse ou aprazarse se estas non permiten realizala con seguridade.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
MONTE PIQUIÑO

Outros eventos por vir