O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OBRADOIRO DE ARTE RUPESTRE

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

Dentro do programa de actividades do San Martiño 2023, o Concello de Teo, en colaboración co Colectivo A Rula realizará un Obradoiro sobre Arte Rupestre deseñado para todos os públicos.

Dende o Colectivo A Rula explican que seguen coa celebración do seu décimo aniversario e adiantánse uns días á celebración do Día do Patrimonio (16 de novembro) para participar na “Feiriña”, preludio ó gran evento social e festivo do próximo día 11. Nesta ocasión farán especial fincapé nos petróglifos teenses e, en especial, as estacións rupestres do val da Maía próximos ó Campo da Feira da Rúa de Francos. Farán réplicas dos petróglifos empregando a mesma metodoloxía que os gravadores da Idade do Bronce, imitarán ós arqueólogos para rexistrar con precisión os diferentes motivos, falarán da importancia do lume naquelas sociedades para rematar xogando ós xogos medievais que podemos atopar nos taboleiros gravados nos castelos e mosteiros galegos.

Agardamos que sexa do voso interese e que pasedes un rato entretivo e divertido.

 

Día: Domingo 5 de novembro

Hora: 12:00 horas

Lugar: Recinto Feiral Carpa Institucional, Carballeira de Francos

 

Vinde á Feiriña, Vinde ó San Martiño!!!.

 

 

Listaxe de agarda
OBRADOIRO ARTE RUPESTRE

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES