O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Obradoiro de autoestima para mulleres

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Este taller está deseñado especialmente para mulleres, co obxectivo de proporcionar ferramentas prácticas nun ambiente seguro, para traballar a autoestima de forma integral. A través de coñecementos clave da psicoloxía, as participantes poderán comprender como os seus pensamentos e interpretacións do mundo afectan á súa visión de si mesmas, mellorando o seu diálogo interior e, en consecuencia, as súas relacións interpersoais.

O taller combina metodoloxías individuais e grupais para garantir unha experiencia realmente enriquecedora e transformadora. 
Terá un enfoque práctico e creativo e aportaranse ferramentas como rexistros individuais, actividades creativas, visualización de exemplos e vídeos, etc. Crearase un ambiente seguro priorizando un espazo de confianza, confidencialidade e respecto onde todas as participantes poidan expresarse libremente.

O taller levarase a cabo os días 30 e 31 de xaneiro en horario de 17:00 a 19:00, haberá servizo de canguraxe previa solicitude no correo cim@teo.gal

Observacións
Traede roupa cómoda e reservade o servicio de canguraxe se o precisades.
obradoiro

Outros eventos por vir