O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OBRADOIRO DE BIODANZA

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Con este obradoiro, que emprega unha metodoloxía innovadora e lúdica, buscase fomentar prácticas e valores alternativos ao modelo de maltrato no que vivimos, favorecendo a construción de vínculos sans, equilibrados e pracenteiros, tanto cunha mesma como coas demais persoas. O obxectivo final é actuar na prevención da violencia de xénero e na promoción da autoestima, autonomía e benestar das mulleres. 

A actividade será dinamizada pola psicóloga, axente de igualdade e facilitadora de Biodanza SRT, Mari Fidalgo, que integra a cooperativa de acción social Xeracción. 

Ela explica que a Biodanza é unha ferramenta para a promoción da saúde integral que emprega a música e o movemento para inducir cambios psicofisiolóxicos. Desa forma deflágranse sensacións de benestar, alegría, recoñecemento do propio valor, pracer e vitalidade que facilitan o autocoidado, a expresión emocional e o cambio do argumento de vida. Os beneficios que aporta este sistema radican na liberación emocional, alivio do estrés, regulación das funcións orgánicas, reforzo da autoestima e mellora na comunicación e relacións interpersoais. 

O obradoiro é de balde previa inscrición no CIM de Teo e ten prazas limitadas. Non é necesario saber bailar e basta levar roupa cómoda, un coxín pequeno e auga. Está recomendada para mulleres adultas de calquera idade e condición física sen limitacións importantes de movemento. 

Con esta actividade o Concello de Teo quere reafirmar o seu compromiso de traballar na prevención da violencia de xénero e no fomento da cultura do botrato, baseada nos valores da convivencia en igualdade, respecto, diálogo, paz e saúde integral. 

Haberá servizo de canguraxe!!!

Observacións
haberá servizo de canguraxe, que haberá que solicitar no correo cim@teo.gal
BIODANZA

Outros eventos por vir