O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro de horta. Sementando Apego

Data e hora

Localización
Mercado Labrego dos Tilos

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
5

Obradoiro de horta. Sementando Apego, coa Asociación Menais o sábado 30 de abril ás 11.00 h no Mercado Labrego dos Tilos.

Dirixido a familias con crianzas de ata 6 anos.

As crianzas acompañadas polas familias poderán fabricar bólas de sementes de flores con arxila e realizarán sementeiras de planta ecolóxica. Cada crianza levará para a casa bólas de sementes, un pé de tomateira e outro de alfábega.

Prazas limitadas a 40 persoas, de balde con inscrición previa.

Inscricións a partir do 25 de abril a través de https://teo.gal/actividades

Listaxe de agarda
Horta Apego

Outros eventos por vir