O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro de títeres. 14:00 h. Feiriña.

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos
Como chegar

Prazas dispoñibles
11
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Na Feiriña temos obradoiros de títeres para as crianzas. A Feiriña celébrase na carballeira de Francos o domingo 6 de novembro.

O taller de títeres estará impartido por Mirari Urruzola de Títeres Babaluva. Durante a actividade as crianzas farán un títere de variña con papel de xornal e cartolina de cores. Debuxarán o seu boneco e vestirano coa técnica do collage.

A actividade terá unha hora de duración aproximadamente e está indicado para nenos/as a partir dos 5 anos. Se algunha familia quere anotar a algún máis pequeno/a debe estar acompañado dunha persoa adulta para poder facer a actividade.

Os obradoiros de títeres serán nos seguintes horarios:

De 11 a 12
De 14 a 15
De 16 a 17

Para participar no Obradoiro das 14:00 horas pódeste inscribir no formulario en liña neste mesmo espazo da web.

Observacións
Parabéns. Anotácheste no obradoiro de títeres das 14:00 horas da Feiriña.
Seguro que nos imos divertir moito.
Se por calquera circunstancia precisaras anular a inscrición podes escribir a turismo@teo.gal avisándonos. Dese xeito podemos avisar ás persoas en lista de agarda.
Inscribirse
títeres

Outros eventos por vir