O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Obradoiro de xabón elaborado de forma artesanal e con ingredientes naturais: aceites vexetais (oliva, coco...) e perfumado con aceites esenciais. Aprenderemos técnicas de decoración para preparar uns regalos de nadal orixinais, útiles e respectuosos coa nosa saúde e a do planeta. Ao longo do obradoiro prepararemos tres xabóns con técnicas diferentes, do que cada participante levará unha mostra para casa (tres xabóns de 100 gr. Aproximadamente).
Os xabóns prepararanse pola forma tradicional, con técnicas de saponificación, polo que se recomenda traer roupa de batalla ou mandil, e luvas de goma. Ao final estarás preparada para facer xabón en frío e en quente con diversos materiais, con aceites medicinais e con deseños decorativos para expresar sen límites a tua creatividade.
Haberá servizo de canguraxe e tedes que solicitalo no correo cim@teo.gal
Anotádevos!!