O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Obradoiro de zonchos. 11:00 h. Feiriña.

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
4

A Feiriña, que celebramos na carballeira de Francos o domingo previo ao San Martiño, contará con varios obradoiros para crianzas.

Unha das actividades este ano será un taller de zonchos, colares feitos con castañas que eran típicos do día de defuntos. O obradoiro está dirixido a nenos/as de máis de 6 anos. Se algunha familia quere inscribir a algún menor debe facer o taller acompañado dunha persoa adulta.

Os talleres de zonchos faranse na carpa municipal de 11:00 a 12:00 e de 16:00 a 17:00 horas.

Se queres anotarte no obradoiro de zonchos das 11:00 horas tes que cubrir o formulario neste espazo da web.

Observacións
Anotácheste no obradoiro de zonchos das 11:00 horas. Ímolo pasar moi ben.
Lembra que se non podes asistir pódesnos escribir a turismo@teo.gal e indicárnolo.
Vémonos na Feiriña!
Inscribirse
castañas

Outros eventos por vir