O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

OBRADOIRO: HISTORIAS DE TEA

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
2

Por que a historia relegou a un segundo plano o traballo feito polas mulleres no eido da arte? Existen as grandes mulleres artistas? Que atopamos cando nos mergullamos na arte feita por mulleres ou diversos colectivos que crean máis aló da mirada antropocéntrica? Que é a perspectiva de xénero? Que son as denominadas artes decorativas? Que acontece se á creación artística individual lle engadimos o traballo en colectividade? É a arte un reflexo da sociedade?...As anteriores preguntas, son algúns dos puntos de partida deste obradoiro de educación artística de carácter teórico-práctico consistente na creación dunha obra de arte colectiva
partindo das historias individuais relatadas por cada unha das persoas participantes.O obxectivo final do obradoiro é a creación dunha gran peza colectiva única e irrepetible, a xeito dun gran tapiz ou unha gran colcha como metáfora dos coidados e do repouso nun lugar tranquilo e mesmo íntimo e que será exposta por un tempo determinado nun espazo aberto ao público creando o noso propio "site specific".

O obradoiro farase na casa común de Oza os xoves de febreiro en horario de 17:30 a 20:00, o material necesario é aportado pola profesora. Haberá servizo de canguraxe que terá que solicitarse no correo cim@teo.gal.

 

Observacións
Se precisas canguraxe solicitao no correo cim@teo.gal
obradoiro

Outros eventos por vir