O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Cultura programa unha nova sesión de Observación do ceo nocturno no Patrimonio Arqueolóxico para o mes de agosto.
O domingo 9 de agosto realizarase a segunda saída e será de novo ás 22:30 horas.
Partiremos da Carballeira da Igrexa de Luou para dirixirnos ao Petroglifo da Pena Bicuda e desde alí descubrir a Astronomía Cultural no noso territorio.
Aproveitando este encontro baixo as estrelas, achegarémonos tamén ao gran acontecemento astronómico do verán: a eclipse parcial de Sol do 12 de agosto. A través dunha breve explicación divulgativa descubriremos como será visible desde Teo, por que un 99,94 % non é o mesmo ca unha eclipse total e como prepararnos para vivila con seguridade na observación pública organizada polo Concello.
A actividade ten unha duración aproximada de 3 horas e é recomendable levar roupa axeitada e algo para sentar ou pousar no chán
IMPORTANTE: No apartado Observacións é necesario que indiquen o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes.