O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Onde Keiras Cociña ao vivo

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos
Recinto Feiral
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Prazas dispoñibles
0
Listaxe de agarda

Prazas por persoa
4

🥄 Cociña ao vivo "Onde Keiras" na Feira do San Martiño 2025
🌿 Gastronomía sostible con produto Daquí Darredor
👨‍🍳 Da man do chef Manuel Rey

O vindeiro 11 de novembro, a Praza Cultural do San Martiño converterase nun espazo para gozar da boa mesa con sentido, onde tradición, tempada e sustentabilidade van da man. Chega Onde Keiras, unha actividade de cociña ao vivo que amosa como crear pratos saborosos usando ingredientes locais, de proximidade e con criterios de economía circular.

💚 Que se vai preparar?
Cachopo recheo de shiitake, un prato que reinventa a receita tradicional incorporando cogomelo cultivado na contorna, achegando textura, sabor e valor ao produto de proximidade.
✨ Como remate doce: doce de arándanos feitos con froita fresca da horta ecolóxica de TeoBerries, produtor con certificado de Artesanía Alimentaria no concello de Teo.

Durante a sesión, o chef Manuel Rey explicará como aproveitar os ingredientes da terra reducindo desperdicio alimentario, apoiando produtores locais e reforzando a economía circular: o que se produce aquí, consúmese aquí.

Observacións
Observacións
Solicítase chegar á porta da carpa con dez minutos de antelación do comezo da actividade.
Recomendacións: gozar descubrindo novos sabores e pasando un intre agradable nunha demostración de cociña ao vivo
Listaxe de agarda
cociña ao vivo

Outros eventos por vir