O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ás para ALEX

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
54
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nenas/os a partir de 5 anos.

Ás para Álex  é una obra de teatro de marionetas que trata un tema moi necesario: a esperanza e o xogo para superar as dificultades, e neste caso, para superar e soportar unha enfermidade. Con esta obra comprometida, divertida e chea de verdade, tenrura, tensión e moita gracia, Baobab Teatro invitanos a reír e emocionarnos en familia. 

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos/as, ir ao parque..., a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - porque a min?, porque non podo xogar? Porque, porque e porque?...., está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada. 

“Ás para Álex” conta unha historia real, sucedida na Coruña, unha historia que conmocionou, emocionou e namorou á compañía Baobab Teatro, que aposta esta vez por unha peza teatral comprometida, divertida e cargada de verdade, tenrura, tensión e moita graza, tocando unha temática moi delicada “o cancro infantil” e a necesidade dun sentimento de esperanza como unha menciña máis para superar esta enfermidade e o importante que é topar persoas no camiño que nos conviden a soñar. 

 

Data: sábado 12 de outubro

Hora: 18:00 horas

Lugar: Auditorio Constante Liste

 

Entrada gratuita con reserva previa neste mesmo espazo.

Inscribirse
AS PARA ALEX

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

Get Back