O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A parábola do angazo

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
88
Inscribirse

Prazas por persoa
5

A obra de teatro «A parábola do angazo», comedia ao cargo de Talía Teatro, chega a Teo o sábado 22 de outubro  para explicarnos a historia do galego.

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa, a galega.Con A parábola do angazo queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fórae demostrar que aínda ten moito que dicir.

Sábado 22 de outrubro ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste.

Podes facer a túa inscrición neste mesmo espazo a partir do venres 14 de outubro.

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao teléfono 981 941 063. Graciñas!
Inscribirse
A parábola do angazo

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES