O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Feiriña convida a descubrir en familia a paisaxe cultural que rodea a Feira do San Martiño.
Da man do Colectivo A Rula, percorreremos unha ruta circular duns 6 quilómetros pola contorna da Rúa de Francos e o antigo Couto de Francos, pertencente á xurisdición dos Altamira.
Esta andaina leva anos acompañando a programación da feira para achegar á veciñanza un patrimonio próximo que moitas veces pasa desapercibido. O percorrido axudaranos a comprender a relación deste territorio coa tradición xacobea e coa lenda da Raíña Lupa, protagonista do relato da Traslatio, o traslado dos restos do apóstolo Santiago a Galicia.
Unha proposta para camiñar e compartir descubrimentos entre xeracións, coñecendo mellor os lugares e as historias da contorna da nosa feira.