O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

PRAZAS CUBERTAS: Ruta dos Corgos: Historia das mulleres bravas de Penelas.

Data e hora

Localización
A ruta dará comezo na Fonte das Seixas, baixo o Cemiterio Municipal de Teo.

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Prazas cubertas para a nova data do sábado 19 de marzo ás 12 horas.

As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta percorrendo o noso país á procura de aldeas orgullosas de selo e con historias que paga a pena contar e compartir. Unha delas é Penelas, no Concello de Teo. Aquí a veciñanza xuntouse na Asociación Trinxidoiro para dar boa conta do valor e a riqueza oculta que atesouran estas terras e converterse en axentes activos na recuperación e mantemento do patrimonio natural, cultural e etnográfico. As Fillas Bravas súmanse a este esforzo colectivo e actuarán como guías dunha ruta desde a fonte das Seixas ata a aldea de Penelas, por un sendeiro que vai de par do rego de Moldes, amosando e comentando coa súa retranca habitual tanto os usos e aproveitamentos tradicionais da auga mediante corgos, muiños, lavadoiros e fontes, como certos costumes e ritos dun pasado non tan afastado.

A participación nesta actividade é de balde pero hai que anotarse a través do formulario en liña. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Teo.

As Fillas Bravas en Penelas

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES