O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Preséntase no Auditorio Municipal Constante Liste o libro Os cadernos escolares da II República, dos autores Miguel Paz Cabo e Víctor M. Santidrián Arias. O acto será o xoves 27 ás 19:30 horas e contará coa presenza dos autores, do editor Henrique Alvarellos, de Antón Costa da Nova Escola Galega e da concelleira María López.
O libro é un estudo dos cadernos escolares do mestre de Teo Bernardo Mato dos anos 30 e analizados polos historiadores Miguel Paz e Víctor M. Santidrián. Esta edición inclúe a reprodución facsimilar de más de cen páxinas orixinais e un limiar de Antón Costa Rico. Os cadernos escolares da II República é un documento único sobre a pedagoxía galega nos anos da Segunda República. O mestre foi asasinado polos fascistas no ano 1936.