O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Punto xove na Mediateca de Cacheiras

Data e hora

Localización
Mediateca do Grilo
Como chegar

Comeza a funcionar o Punto Xove na Mediateca do Grilo todos os sábados, de 17:00 a 19:00 horas. Este espazo busca ser un lugar de encontro para a xuventude de Teo. Será de uso libre e non terá unha programación concreta. 

No mes de xaneiro funcionará os sábados 14, 21 e 28.

Para achegarse ao Punto Xove non é preciso inscribirse. Só hai que ter entre 12 e 18 anos. A mediateca estará atendida neste horario de funcionamento por persoal específico e achegarse recursos como xogos de mesa, cooperativos… por se son do interese da rapazada. Ademais o espazo ten proxector, ordenadores, libros e ata un piano.

Listaxe de agarda
punto xove

Outros eventos por vir