O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Quico Cadaval leva trinta anos a calcar os distintos camiños da memoria e da imaxinación.
Escoitar estorias de viva voz é unha das maneiras mais económicas de viaxar. A imaxinación da persoa que escoita na penumbra sobe como unha bolla de xabrón, seguindo, ás veces coa lingua de fóra, a imaxinación do contador. Outras veces as bollas de xabrón do público únense e fórman a imaxinación colectiva. A forza do público, neses casos, faise poderosa e adianta a tímida imaxinación do contador, desprezando o perigo das curvas, rebordando os limites da realidade. Contar e escoitar estorias é un camiño ao inesperado.
Por iso, en Notas de Rodapé, Quico Cadaval, ademáis de revelar os truques e segredos do oficio, reclama a colaboración e o protagonismo do público. Os contos están feitos de anacos, de memorias, de lembranzas instantaneas, de experiencias inventadas. Quico Cadaval, no transcurso do show, reclamará do público que faga perguntas, que o interroguen, que o obriguen a revelar o que nunca contou. E Cadaval responderá, mais a resposta sempre será outro conto, que se xunta ao conto infinito da humanidade. O espectáculo comeza cun morto nunha encrucillada, (a estoria que mais veces contou) e remata co conto mais fermoso do mundo. Polo medio, o que mande o público.
Día: 3 de outubro
Hora: 21:30 horas
Lugar: Auditorio Constante Liste
Actividade con reserva de praza.