O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A recollida das herbas de San Xoán é unha tradición ligada á chegada do verán e á entrada do solsticio onde a noite é máis curta e o día máis longo. Tradicionalmente apáñanse un conxunto de herbas coas que, logo de pasar a noite ao resío, poder lavar a cara e depurar o corpo.
Sira López, educadora ambiental, acompañaranos nesta pequena ruta para recoñecer cales son as herbas. A andaina será pola ruta das Muiñeiras de Luou, con saída desde a Igrexa de Luou.
Actividade dirixida a familias con crianzas de ata 6 anos.