O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
Abre o prazo para participar na andaina para recoller as herbas de San Xoán.
Lingua organiza, como vén sendo habitual, unha ruta para recoller as herbas de San Xoán. Este ano realizarase pola ruta Apego da Burga de Xermeade, partindo da ponte medieval de Pontevea, en Reis.
Haberá 4 quendas, en horario de mañá e tarde, ás 11.00, 12.30, 16.30 e 18 h. A quenda das 16.30 h será exclusiva para familias do programa Apego, de socialización en galego, con crianzas de 0 a 6 anos.
A ruta estará guiada pola educadora ambiental Sira López e pretende acompañar as persoas asistentes para facer esta con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense.
Tradicionalmente apáñanse un conxunto herbas, que varían moito dunhas zonas a outras da xeografía, pero que, en calquera caso, son especies comúns amplamente coñecidas polas persoas das sociedades agrícolas onde comeza esta tradición. Son un mínimo de sete herbas, polo que facemos unha escolma das máis comúns e habituais na zona teense.