O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Reunión informativa acceso escolas infantís

Data e hora

Localización
Concello de Teo
Como chegar

Benestar organiza unha reunión informativa dirixida ás familias que queiran solicitar praza nas escolas infantís municipais para o próximo curso. Esta xuntanza será o martes 15 ás 19:30 horas no Salón de plenos do Concello. 

Para asistir non é preciso inscrición previa. 

Durante a xuntanza explicarase o procedemento de acceso ás escolas infantís xa que a reserva de praza está aberta dende o 16 de marzo ata finais de mes. Ademais atenderanse as dúbidas que poidan ter as persoas asitentes. 

Teo conta con tres escolas infantís de xestión municipal, nos Tilos, Calo e na Ramallosa. 

O sábado 19 tamén haberá a posibilidade de visitar os centros. Para achegarse a ver os centros é preciso anotarse escribindo a eimteo@teo.gal. Os horarios de visitas serán os seguintes:

  • Escola infantil de Calo ás 10:00 horas.
  • Escola infantil da Ramallosa ás 11:00 horas.
  • Escola infantil dos Tilos ás 12:00 horas.
Listaxe de agarda
escolas

Outros eventos por vir