O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Reunión sobre elaboración da estratexia Leader 2023-2027

Data e hora

Localización
Casa Común Rarís
Como chegar

O Concello de Teo xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, está traballando na elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (período 2023-2027).

Co obxecto de dar resposta ás necesidades do territorio e impulsar o potencial local, estase deseñando un proceso participativo aberto a todas as institucións, axentes económicos e sociais, tecido asociativo e veciños/as do territorio de actuación (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Vedra), que estean interesados/as en propoñer actuacións e debater en torno á futura Estratexia de Desenvolvemento Local.

En Teo farase unha xuntanza de cara a elaborar a estratexia de desenvolvemento local no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2023-2027.

Lugar: Casa Común de Raris. Lugar de Raris nº92
Data – Hora: 30/11/2022 ás 20:00 horas

En caso de non poder asistir presencialmente á xuntanza, poderías participar igualmente, cubrindo unha enquisa premendo aquí

 

Listaxe de agarda
reunión Raris

Outros eventos por vir

Auditorio Constante Liste

GOLPES