O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A sesión do mes de febreiro da Escola ecoloxista vai adicar a xornada á figura de Rosalía de Castro. Neste mes volven as rutas á escola e celebraremos o nacemento da autora. Porque Rosalía de Castro era ecoloxista.
Dende a área de Mocidade convidamos á rapazada, entre os 10 e os 18 anos, a desfrutar dunha ruta na que coñeceremos máis información sobre quen era Rosalía de Castro, como foi a súa vida e, sobre todo, por que dicimos que era ecoloxista!
A ruta terá unha duración aproximada de 1 hora 30 minutos, e nela realizaranse diferentes paradas informativas, lúdicas, e artísticas. Unha ruta chea de curiosidades e moitos compoñentes ecofeministas para celebrar esta festividade, divertirnos e aprender en contacto coa natureza.
O inicio da ruta será a aldea de Balcaide e a chegada a estación de tres de Osebe.