O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
ADIADA PARA O DÍA 24
Deportes presenta o Carreiro do mes de abril, a ruta do Río Tinto . Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na casa común de Francos, Calo.
A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable de andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.
O percorrido ten arredor de 9 quilómetros e terá unha duración de algo máis de dúas horas.
Inscrición gratuíta a partir do 1 de abril para persoas empadroadas no Concello de Teo.