O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta polo Camiño do Francés

Data e hora

Localización
Área de recreo de Lamas, Bamonde.
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
1

Deportes presenta o Carreiro do mes de marzo, a ruta Polo Camiño do Francés (que modifica a súa data prevista do 13 marzo para o 20  de marzo). Trátase dunha andaina circular con saída e chegada na área recreativa de Lamas, en Bamonde. Andaremos por vellos camiños  reais que discorren polas parroquias de Bamonde e Teo.

A ruta está indicada para maiores de 10 anos e terá preferencia a xente empadroada no Concello de Teo. É necesario levar calzado axeitado (botas de sendeirismo). É unha andaina pensada para facer unha práctica deportiva de intensidade media/baixa e fomentar o hábito saudable da andar ao aire libre así como favorecer a interacción social entre a veciñanza.

Inscrición gratuíta  a partir do 4  de marzo para persoas empadroadas no Concello de Teo. De quedar prazas dispoñibles, os días 16 e 17 de marzo abrirase un prazo para o resto da xente interesada.

Observacións
Unha vez comprobados os datos no Padrón de Habitantes antes do día 15 de marzo, confirmarase a inscrición nesta ruta no correo-e de contacto desde o que se enviou a solicitude. No caso de non estar empadroado a confirmación da praza farase do mesmo xeito entre os días 16 e 17 de marzo.
No caso de querer anular unha inscrición, débese enviar un correo-e a deportes@teo.gal comunicando os datos das persoas que serán dadas de baixa.
Calquera cambio de última hora no desenvolvemento da actividade comunicarase a través da web do Concello e das súas RRSS.
Polo Camiño do Francés

Outros eventos por vir