O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscricións: Prazas limitadas con reserva previa en teo.gal/actividades
Esta ruta circular con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai) é unha ruta dramatizada coa compañía teatral Os Quinquilláns. Ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.
Duración e lonxitude: 3 horas 30' aprox en 5 km
Dificultade: Media - Baixa, dado que o percorrido ten tramos con desprazamento de pedras polas augas de choiva.