O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta visita teatralizada, da man da compañía Os Quinquilláns, convértese nunha auténtica viaxe no tempo. A través da interpretación e a narración, mergullarémonos no medievo, ao tempo que faremos un percorrido por distintas épocas que conforman a historia desta aldea, reflectindo tamén a memoria colectiva do Concello de Teo, unha memoria que cómpre conservar.
O nome da ruta procede dun verso dunha cantiga de amor do trobador compostelán Joán Airas, na que expresa a súa desesperanza pola marcha da muller amada cara Portugal. Ese camiño medieval, cargado de simbolismo, atravesaba o Concello de Teo de norte a sur, ascendendo cara Lampai en dirección a Padrón.
O itinerario discorre principalmente a carón dun fermoso bosque de ribeira, onde se conservan varios muíños tradicionais. O traxecto leva ata o Marco Porto de Lampai, un bloque granítico datado no ano 1156 que actualmente marca o límite entre os concellos de Teo e Padrón.
Trátase dun percorrido circular de aproximadamente 5 km, con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai).