O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Turismo propón rutas dramatizadas en Lampai coa compañía teatral Os Quinquilláns este verán. Esta actividade farase na ruta Per caminho de Lampai. Un percorrido circular de 5 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai).
Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo. Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.
A saída da actividade farase ás 10:00 horas. En xullo farase os sábados 9, 23 e 30.
Para participar é preciso inscribirse neste espazo da web.
Attachment | Size |
---|---|
rutasteatralizadas_22_0.pdf | 324.42 KB |