O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o CIM de Teo poñemos en marcha unha serie de saídas culturais para mulleres co obxectivo de enriquecer e diversificar a oferta cultural local adaptada a este colectivo. Este programa de visitas créase co fin de ampliar e adaptar a axenda cultural aos intereses e necesidades das mulleres do noso Concello.
O 7 de novembro teremos a primeira das saídas que terá como obxectivo a visita á exposición "Os traxes dunha vida", que actualmente está no Pazo da Cultura de Pontevedra. Sairemos do Auditorio Constante Liste ás 09:00 da mañá para comezar a visita guiada ás 10:00h. A visita terá unha duración aproximada de 2 horas, despois das cales teremos tempo para visitar a boa vila de Pontevedra. A chegada a Teo está prevista para as 15:00h aproximadamente. O prazo de inscrición para esta actividade abrirá o vindeiro luns 26 de outubro.
O 10 de decembro visitaremos a exposición de mulleres sobranceiras de Luísa Villalta que está na Cidade da Cultura de Santiago. O autobús sairá do Auditorio Constante Liste ás 16:30h para facer a visita ao arquivo e á mostra. A visita terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. O prazo para inscribirse nesta visita abrirá o vindeiro luns 30 de novembro.
As prazas para as dúas saídas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Terán preferencia as mulleres empadroadas no concello de Teo. As actividades son de balde.