O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Un San Xoán máxico con nos permitirache entender o gran valor sociocultural que teñen estas herbas no noso entorno. Nesta ruta interpretativa, deseñada para público xeral, adultos e familias con crianzas maiores de 6 anos, convertiraste no/a protagonista da historia. Descobre os segredos das plantas cun paseo inmersivo, perfecto para mergullarse na natureza, cultura e tradición da nosa terra.
Con esta experiencia poderás identificar e recoller plantas aromáticas e medicinais, coñecendo os seus usos tradicionais e os rituais asociados á noite máis máxica do ano.
Goza dunha xornada envolta en aromas e lendas, onde o saber ancestral se mestura coa beleza do entorno natural. Perfecto para familias, amantes da natureza e curiosas da cultura galega!
Un paseo que conecta coas raíces e coa esencia do San Xoán!
Características: O percorrido circular ten unha distancia de aproximadamente 4 km cunha dificultade baixa.
Dirixida a público xeral