O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Serán Rosaliano

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
12
Inscribirse

Prazas por persoa
5

No mes de Rosalía de Castro o Concello organiza unha velada na que se vinculará a obra da autora con Teo. A función contará coa presenza de Tero Rodríguez, da compañía Os Quinquilláns, que será a mestra de cerimonias. No acto participarán os grupos de teatro municipais, tanto os de persoas adultas coma os de mocidade. Así mesmo haberá música con Xoán Curiel e a Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras, e teremos algunha sorpresa relacionada coa ilustración da man de Raquel Germeade e mesmo co caldo de gloria.

A gala será o sábado 26 ás 18:00 horas no Auditorio Municipal da Ramallosa e para asistir haberá que inscribirse a través do formulario en liña. 

 

Inscribirse
serán rosaliano

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego