O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

TEO CON ESENCIA DE MULLER

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Conecta coa túa esencia a través do Mindfulness e o movemento corporal 

Experiencia vivencial que combina Mindfulness, movemento consciente e aromaterapia, inspirada na esencia íntima de mulleres galegas como Rosalía de Castro, María Mariño e Emilia Pardo Bazán.

A actividade crea un espazo de conexión persoal a través do corpo, a emoción e os sentidos.

Os obxectivos son:

  • Fomentar o benestar emocional e o auto coidado

  • Conectar coa identidade e memoria feminina.

  • Integrar corpo, mente e emocións.

  • Ofrecer unha experiencia accesible e transformadora.

Realizarase unha práctica de mindfulness guiado inspirado en Rosalía de Castro: Conexión co sentir, a emoción e o momento presente.

A continuación proponse unha práctica de movemento consciente inspirado en María Mariño: Liberación corporal, conexión coa terra e co propio corpo.

Nunha última parte farase unha integración sensorial con aromaterapia inspirada en Emilia Pardo Bazán. Activación suave, conexión coa forza persoal e peche da experiencia.

Esta actividade está dirixida por Estela García.

Se precisades servizo de canguraxe hai que solicitalo no correo cim@teo.gal

Observacións
• Traer roupa cómoda e auga
• Non se require experiencia previa de ningún tipo
Inscribirse
obradoiro

Outros eventos por vir