O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TEO CON ESENCIA DE MULLER: ARTETERAPIA

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
19
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Esta é a terceira experiencia dun programa de consciencia e benestar dirixido a mulleres que integra dinámicas de terapias naturais co fin de traballar a autoestima, a propiocepción corporal, mental e emocional; o apoderamento e forza de muller, a toma de conciencia e o auto coidado/coidado persoal. 

Comeza a actividade reflexionando sobre o seguinte: cales foron as mulleres pioneiras de Teo e/ou galegas que abriron camiño? Como foron as súas vidas? Cales foron os seus legados? Que temos en común con elas? Que podemos aprender delas?

Nunha primeira parte traballarase cun "fío físico": o fío (simbólico) que nos conecta. As mulleres presentes van falando do que significa para elas “ser muller” e van pasando o fío dunhas a outras unindo e tecendo unha rede… real e simbólica. 

A continuación faise a pregunta de: quen son eu? Un exercicio para realizar por parellas e mirarse copiando os xestos dunha muller a outra para logo crear un debuxo ou figura de plastilina. 

Nunha segunda parte propoñerase unha narración consciente sobre as mulleres que temos como referente que se usará de inspiración na seguinte e última dinámica: unha creación en grupo. Nun papel moi grande cada persoa asistente poderá aportar a súa creación individual e ir engadindo debuxos nas outras partes.

Remátase a experiencia respondendo de maneira individual e privada ás preguntas iniciais e as mulleres que así o queiran, poden falar e compartir sobre a experiencia dese día coas outras persoas asistentes nese espazo que creamos: libre e seguro.

Observacións
• Traer roupa cómoda e auga
• Non se require experiencia previa de ningún tipo
Inscribirse
obradoiro

Outros eventos por vir