O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TEO CON ESENCIA DE MULLER: SONOTERAPIA E AROMATERAPIA

Data e hora

Localización
Casa común de Oza
Como chegar

Prazas dispoñibles
18
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Esta é a segunda experiencia dun programa de consciencia e benestar dirixido a mulleres que integra dinámicas de terapias naturais co fin de traballar a autoestima, a propiocepción corporal, mental e emocional; o apoderamento e forza de muller, a toma de conciencia e o auto coidado/coidado persoal. 

Este obradoiro consiste na escolla dun aceite esencial vinculado a unha emoción POSITIVA concreta e relacionada cunha ou varias mulleres coas que estamos a traballar: mulleres de Teo e/ou galegas que foron pioneiras e abriron camiño. Será o fío condutor durante a sesión para que esa emoción se integre en nós. O acompañamento de son con frecuencias, potencia a emoción que se está traballando.

O propósito é crear unha experiencia coherente e envolvente, onde o aroma marque a intención emocional e o son acompañe ese movemento de maneira profunda e sutil.

Os aceites esenciais son aromas naturais que poden acompañar momentos de benestar, axudándonos a crear rutinas sinxelas para conectar coas nosas emocións e co noso corpo.

Cada aceite ten unha propiedade aromática que adoita relacionarse cun tipo de sensación: calma, claridade, enerxía, apertura emocional, etc. Estes “hábitos esenciais” axudan a crear pequenos espazos persoais de pausa e auto coidado que as mulleres asistentes poden logo aplicar na súa vida diaria

Prazas limitadas por orde de inscripción; hai servizo de canguraxe cun mínimo de 4 solicitudes no correo cim@teo.gal

Observacións
• Traer esterilla, roupa cómoda e auga. Coxín e manta se se precisa para relaxación, se se precisa.
• Non se require experiencia previa de ningún tipo
Inscribirse
obradoiro

Outros eventos por vir