O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Triloxía do bosque. Capítulo 1. SÁBADO 8 ABRIL 13:00 HORAS

Data e hora

Localización
Auditorio Constante Liste
Como chegar

Prazas dispoñibles
30
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Nesta semana Santa desfrutaremos do Teatro coa peza "Capítulo 1: Hai quen escolle os camiños máis longos" da Triloxía do Bosque que nace da colaboración galego-portuguesa entre a compañía profesional do noso Concello Berrobambás Teatro e a compañía portuguesa Ponto de fuga.

Capítulo 1: Hai quen escolle os camiños máis longos, é a primeira representación desta triloxía, e parte da idea do bosque como labirinto. Nela faise unha reflexión sobre a pertinencia e a utilidade da nosa tradición a través da revisión de certos contos marabillosos, todos eles protagonizados por mulleres, e que, coas súas variantes, forman parte da cultura universal: Carapuchiña, Branca de Neve, A Bela Adormecida, etc.

Faranse dúas sesións, a primeira será o venres 7 de abril ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste.

A segunda será unha sesión vermú ás 13:00 horas do sábado 8 de abril, tamén no Auditorio Contante Liste

A entrada de balde pero con reserva de entradas neste mesmo espazo

Observacións
Por favor, leven este correo de confirmación preparado para ensinar na entrada.
Inscribirse
Triloxía bosque

Outros eventos por vir