O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Nesta semana Santa desfrutaremos do Teatro coa peza "Capítulo 1: Hai quen escolle os camiños máis longos" da Triloxía do Bosque que nace da colaboración galego-portuguesa entre a compañía profesional do noso Concello Berrobambás Teatro e a compañía portuguesa Ponto de fuga.
Capítulo 1: Hai quen escolle os camiños máis longos, é a primeira representación desta triloxía, e parte da idea do bosque como labirinto. Nela faise unha reflexión sobre a pertinencia e a utilidade da nosa tradición a través da revisión de certos contos marabillosos, todos eles protagonizados por mulleres, e que, coas súas variantes, forman parte da cultura universal: Carapuchiña, Branca de Neve, A Bela Adormecida, etc.
Faranse dúas sesións, a primeira será o venres 7 de abril ás 21:00 horas no Auditorio Constante Liste.
A segunda será unha sesión vermú ás 13:00 horas do sábado 8 de abril, tamén no Auditorio Contante Liste
A entrada de balde pero con reserva de entradas neste mesmo espazo