O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Un tranvía chamado desexo - Circuíto Galego de Teatro Amador

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal de Teo
Como chegar

A compañía Sen Cancelas Teatro leva a escena “Un tranvía chamado desexo”, un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948.

Esta obra foi levada ó cine en varias ocasións, e escenificada en multitude de teatros de todo o mundo.

Sen Cancelas Teatro constrúe a súa persoal versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora.

Unha obra desgarradora cunha forte carga emocional e interpretativa.

 

Espectáculo dentro do Circuíto Galego de Teatro amador, Fegatea 2026.

Data: Venres 13 de outubro.

Hora: 19:00 h.

Lugar: Auditorio Municipal de Teo

Público adulto. 

Acceso libre por orde de entrada.

TRANVIA

Outros eventos por vir