O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

VISITA TROBADORESCA E DRAMATIZADA A TRAVÉS DAS PONTES TEENSES

Data e hora

Localización
Casa Consistorial de Teo, na Travesía da Ramallosa, 38 Lucí
Como chegar

Prazas dispoñibles
25
Inscribirse

Prazas por persoa
4

As pontes da vida

Historias e viaxeiros a través das pontes e pontellas de Teo

As pontes non só unen beiras: gardan historias, lembranzas e pasos que foron tecendo o territorio ao longo dos séculos.

Nesta visita dramatizada e mesmo musical, Suso Martínez e Manuele de Felisa conduciranos por unha viaxe narrativa a través das pontes e pontellas de Teo, lugares de tránsito que funcionaron como auténticas bisagras da historia. Espazos que comunicaron parroquias, camiños e persoas, e que artellan un territorio milenario no que as augas seguen fluíndo mentres a memoria permanece.

Un percorrido para escoitar, camiñar e descubrir como as pontes foron escenario de encontros, despedidas, comercio, peregrinacións e vida cotiá.

📍 Información práctica

Punto de encontro (inicio e fin da actividade):
Casa Consistorial de Teo (A Ramallosa)

Horario de saída do bus: 10.00 h
Duración aproximada: 3 horas

Utilizarase un bus de apoio para os desprazamentos entre parroquias.
O percorrido inclúe aproximadamente 5 km a pé, distribuídos en diferentes tramos.

🗺 Percorrido previsto

  • Pontella e lavadoiro do río Tinto e da Pedreira, no Camiño Portugués teense (parroquia de Calo)
  • Rúa de Francos (Calo) e camiñada ata a ponte de Paradela (aprox. 1,5 km)
  • Ponte medieval de Caxade (Luou)
  • Ponte Nova de Rarís, recentemente restaurada
  • Ponte medieval de Pontevea (parroquia de Reis)
  • Pasarela da Mariola, na área recreativa do Xirimbao
Observacións
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.


Inscribirse
Suso e Manoele

Outros eventos por vir