O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
No mes de agosto teremos unha nova sesión das Rutas nocturnas polos petroglifos teenses, nesta ocasión o Colectivo A Rula guiaranos a través da ruta Gravados na Fraga. Será o día 9 ás 21:00 horas e o lugar de encontro será a entrada á aldea de Agromaior.
Trátase de una nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 3 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.
Data: Sábado 9 de agosto
Hora 21:00 horas
Lugar: Entrada á aldea de Agromaior
Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.
Observacións
Grazas por participar nesta nova sesisón das Rutas nocturnas polos Petróglifos teenses. Lembra levar roupa e calzado cómodo, chaleco reflectante, lanterna e auga.
IMPORTANTE: No apartado Observacións é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes. En caso de non poder asistir agradecemos que o comuniquen.