O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Finalizamos a estación estival coa última das rutas nocturnas polos petroglifos teenses, nesta ocasión o Colectivo A Rula guiaranos a través da ruta "Solpor no Piquiño". Será o día 5 de setembro ás 20:30 horas e o lugar de encontro será no cruceiro do Campo da festa de Luou.
Trátase de una nova andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
O percorrido destaca pola gran diversidade de motivos que posúen estas laxes, dende os característicos gravados de temática xeométrica, ós gravados de motivos figurativos ou un singular deseño central.
A ruta ten unha distancia aproximada de 3 km ( 2 - 3 horas) e é recomendable levar lanterna, auga, chaleco reflectante e roupa e calzado cómodo.
Data: Sábado 5 de setembro
Hora 20:30 horas
Lugar: Campo da Festa - Carballeira de Luou
Para asistir hai que facer a reserva previa neste mesmo espazo.
Lembra levar roupa e calzado cómodo, chaleco reflector, lanterna e auga.
IMPORTANTE: No momento da inscrición é necesario indicar o nome completo, DNI, data de nacemento e procedencia de tódolos asistentes no apartado OBSERVACIÓNS.