O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

XORNADA MICOLÓXICA E GASTRONÓMICA NO CONCELLO DE TEO

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
4
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Programa

10.00 h Presentación "O reino fungi"

10.30 h Presentación "Os principais grupos de cogomelos"

11.30 h Saída ao campo: identificación e recolección.

14.30 h Xantar campestre

15.45 h Clasificación do recollido durante a saída. Emprego de guías e claves dicotómicas.

17.00 h Cociña ao vivo e degustación

Descrición da xornada:

Trátase dun día completo que se inicia ás 10.00 h cunha charla divulgativa de iniciación ao Reino Fungi e os seus principais grupos, na casa Común de Rarís.

A saída ao monte para a identificación e recolección por especies farase a pé; unha agradable camiñata de 1 km e medio aprox ata a Fraga de Sestelo ou en coches particulares se as zonas de maior interese de recolección quedan moi afastadas ou a meteoroloxía asi o aconsella.

O xantar farase na Casa Común de Rarís arredor das 14.30 h. A comida e bebida é a cargo dos participantes.

A xornada da tarde consistirá na clasificación das especies recollidas empregando claves dicotómicas e guías

A actividade rematará cunha experiencia de cociña ao vivo; elaboración sinxela de pratos de cogumelos con especies da contorna e degustación dos mesmos. Duración aprox de 2 horas.

Realización e adaptación das diferentes actividades do programa suxeitas ás previsións meteorolóxicas e a idoneidade do lugar da saída ao monte.

 


 

Observacións
Recomendacións ou consellos útiles:
- Traer libreta e boli para tomar notas. Especialmente durante a segunda presentación, xa que alí recibirán instrucións para empregar as guías dun xeito máis apropiado.
- roupa de abrigo
- chubasquero
- calzado impermeable
- cesta de bimbio ou de castiñeiro
- navalla
- Desexos de pasalo ben!!!
Inscribirse
Xornada micolóxica

Outros eventos por vir

Local da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

Complexo Cultural-deportivo de A Cañoteira. Cacheiras
15883 Teo (A Coruña)

Magosto e Foliada de Apego