O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O departamento de Deportes mantén aberto ata o venres 22 de xullo o prazo para que as entidades locais soliciten a utilización dos pavillóns polideportivos municipais no vindeiro curso.
Poderán solicitarse os pavillóns de Calo, da Ramallosa e dos Tilos para o período comprendido entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de maio de 2017. Debe presentarse o modelo oficial de solicitude, debidamente cuberto, no Rexistro de Entrada do Concello.
No documento indicarán os datos persoais da persoa que presenta a solicitude como representante da entidade ou grupo, concretarán que instalación se solicita e para que actividade, indicando que días da semana, en que horario e durante que meses prevén a utilización. Tamén se debe facer constar o número de persoas participantes previsto.
A utilización dos polideportivos por parte das entidades veciñais deberá compaxinarse coa programación de escolas deportivas municipais para o próximo curso 2016-2017, que se desenvolverán tamén desde principios do vindeiro outubro ata finais de maio do ano que vén.
Todas as persoas interesadas poden resolver as súas dúbidas sobre este procedemento no departamento municipal de Deportes, chamando ao 981 815 700 ou remitindo un correo electrónico ao enderezodeportes@concellodeteo.com